CURSO DE FU SHIH KENPO

O clube Kenpo Rianxo organiza en colaboración co clube Compostela Kenpo,  un curso de FU SHIH KENPO co fin de dar a coñecer este arte marcial de orixe xaponesa que se basea na defensa personal, baixo os principios de velocidade, fluidez e economía de movimentos.
O curso que  organiza  e de iniciación que se desenvolverá o 27 de decembro de 21 a 22: 30 h. no Pavillón de Rianxo.
Esta actividade enmárcase no programa de actividades destas dúas entidades orientado á difusión do KENPO, mediante o seu vínculo deportivo, que xa fora introducido en Rianxo nos anos oitenta. A primeira actividade foi o Curso de Defensa Persoal para Mulleres, que tivo un grande éxito de participación.
Este curso impártese por  Eloi Rodríguez Castaño, C.N Shodan de Fu Shih Kenpo e membro do clube COMPOSTELA KENPO. Estas actividades van dirixidas a tódalas persoas, maiores de 16 anos, @s interesad@s en coñecer de cerca as artes marciais poderán inscribirse no Servizo de Deportes ou no Pavillón de Rianxo. 


http://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/curso-de-fu-shih-organizado-polo-club-kenpo-rianxo







CLASES ABERTAS FU SHIH KENPO

Celebramos o 28 de setembro do 2012 un curso de portas abertas no Ximnasio Wellness Sport de Cacheiras, co fin de acadar un grupo de entreno nestas instalacións de FU SHIH KENPO.
Agradecer a colaboración de todos cantos asistiron e a colaboración desinteresada de OSCAR FREIRE, xerente do propio ximnasio,  https://es-la.facebook.com/wellnes.sportcacheiras






PRÓXIMAS ACTIVIDADES





DEFENSA PERSONAL










En colaboración coa entidade  MÉDICOS DO MUNDO, celebramos un curso de AUTODEFENSA na RÚA.

Este curso tivo unha duración de catro horas e foi realizado por Eloi Rodríguez Castaño, onde se amosaron diferentes maneiras de enfrentarse a diversos estados de agresión.




Gracias á participación e especialmente ó personal da entidade por confiar no nóso traballo e adicación a acadar un vínculo deportivo a través das artes marciales.






CURSO INCICIACIÓN DE FU SHIH KENPO

Celeboramos un curso de inciación de FU SHIH KENPO no ximnasio CHAMPIÓNS DE PADRÓN, rexentado por MANUEL SOTO.
Agradecer a asistencia e o interés por este arte marcial e en especial ó seu xerente pola súa inestimable colaboración e ó meu amigo Adrián incansable practicante de KENPO.







CURSO DE FU SHIH KENPO

Na data de 31 de marzo do 2012, celebramos o curso de FU SHIH KENPO, no Ximnasio WELLNESS SPORT de CACHEIRAS-TEO co fin de dar a coñecer este arte marcial.
A este evento acudiron practicantes de KENPORIANXO e ANTELO TEAM.
Agradecer ´@s asistentes o seu interés e principalmente ó xerente das instalacións MIGUEL PEREIRA POLA, pola súa desinteresada colaboración.


ASISTENTES Ó CURSO         












                                                                                      https://es-la.facebook.com/wellnes.sportcacheiras




CURSO DE FU SHIH KENPO

Celebraremos o 31 de marzo do 2012 desde COMPOSTELAKENPO un curso adicado ó coñecemento do FU SHIH KENPO, arte marcial de orixe xaponesa, co fin de dar a coñecer este arte e acadar o seu vínculo deportivo.
@s interesad@s poderán inscribirse no Ximnasio WELLNESS SPORT de CAHEIRAS-TEO.