CURSO DE AUTODEFENSA PARA MULLERES

Celebrouse este fin de semana no pavillón de deportes de Rianxo  o  curso de autodefensa para mulleres, ó que asistiron trinta mulleres,  co fin de dar a coñecer  aspectos e recursos para enfrentarse a unha agresión e desenrolarse con seguridade neste tipo de situacións.
Esta actividade, estivo organizada polo  clube Kenpo Rianxo en colaboración con  Concello de Rianxo e o Clube  Compostelakenpo, e foi impartida por Eloi Rodríguez Castaño, cinturón negro Shodan de Fu Shih Kenpo e membro da citada entidade compostelana, que permitíu dar a coñecelas artes marciales e lograr o seu vínculo deportivo.


FOTO DO GRUPO ASISTENTE


http://www.diariodearousa.com/articulo/barbanza/rianxo-treinta-mujeres-aprenden-enfrentarse-agresiones/20131126012425049139.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2013/11/14/concello-rianxo-club-kempo-rianxo-organizan-curso-autodefensa-mujeres/00031384424932236955762.htm

CURSO DE AUTODEFENSA PARA MULLERES

O CLUBE KENPORIANXO , en colaboración co Servizo de Deportes do Concello de Rianxo e o CLUBE COMPOSTELAKENPO, organiza un curso de autodefensa para mulleres.
O curso é gratuíto e vaise a desenvolver o vindeiro sábado 23 de novembro no Pavillón Municipal de Rianxo desde as 11:30 h ata as 13:30 h. Será impartido por Eloi Rodríguez Castaño, Cinturón Negro SHODAN FU SHI KENPO.
O curso vai destinado a mulleres de 16 anos en diante e a data límite para inscribirse é o 20 de novembro. É necesario que se inscriban un mínimo de 8 mulleres para que o curso se leve a cabo.

Información e inscricións no Servizo de Deportes ou nos pavillóns polideportivos.




CARTEL PUBLICITARIO