DESENVOLVEMENTO DO KENPO EN GALICIA E O SEU VÍNCULO DEPORTIVO MEDIANTE O USO DAS ARTES MARCIAIS
Borrador HISTORIA DO KENPO EN GALICIA
O FU SHIH KENPO- INFLUENCIAS E HISTORIA EN GALICIA.
Kenpo ou Kempo (拳法) é un nome descritivo de varias artes marciais xaponesas con orixes chinesas. É tamén un nome descritivo de artes marciais híbridas creadas en base a artes marciais xaponesas e chinesas.
A palabra kenpo é a tradución en idioma xaponés da palabra en idioma chinés Chuan Fa. Ambas significan “método de loita a man baleira”. A historia precisa que a finais do século XIV (1390), emigrantes chineses chegan ó Xapón e introducen o Chuan Fa en Okinawa. Xa en Okinawa existía un método de loita denominado Naha-Té, “igualmente man baleira”.
A fusión destes elementos deu lugar ó kenpo. O kenpo creouse no interior da familia xaponesa Mitose. A familia creou un método de defensa persoal e ensinaron este sistema unicamente ós membros do clan. O nome que recibiría é o de KOSHO (estilo do Bello Piñeiro). O nome transcendería como KOSHO Shorei Ryu Kenpo.
Escudo de armas da familia MITOSE.
O descendente número 21 do Clan, James Masayoshi Mitose, naceu en Hawai e volveu ó Xapón para aprender a arte familiar. En Hawai fundou a escola onde ensinou Kenpo a persoas non xaponesas. Entre os seus alumnos destacan entre outros Jiro Nakamura, Thomas Young, William Chow, Paul Yamaguchi, Arthur Keawe e Edward Lowe. O Mestre William Chow tivo por alumnos, entre outros, a dous homes moi importantes na historia do kenpo Adriano Emperado e Ed Parker. En Hawaii o kenpo tivo unha transformación cara á busca da efectividade en técnicas de defensa persoal, e así o que se traballa hoxe en día é a defensa contra ataques típicos. Actualmente o máximo expoñente do sistema Kosho Shorei Ryu Kenpo é o Mestre Thomas Barro Mitose.
Fotografía realizada no ano 1950, o primeiro da esquerda é WILLIAN CHOW e sentado no centro, JAMES M. MITOSE.
Tipos de kenpo
Shiorinshi kenpo, Byakuren kenpo, Nippon kenpo, Kenpo karate, Kajukenbo, Kenpo contact, Goshin ryu kenpo, Kenpo 5.0, Agni kenpo, Bulgarian kenpo, Kenpo shorinji, Fu Shih Kenpo.
Adestramento do kenpo
O kenpo, aínda que se desenvolveu no Xapón, ten un parecido maior coas artes marciais chinas ou filipinas. A diferencia da maioría das artes marciais xaponesas que se basean nun só golpe para eliminar ó adversario, o kenpo ten múltiples golpes precisos en puntos vitais que debilitan ó adversario ata o punto que se desexe. O karate normal xeralmente utiliza ataques e bloqueos lineais, mentres que o kenpo engade ataques circulares chineses, como o gancho ou o uppercut. O kenpo ten á súa vez un maior número de movementos de agarre, manipulación, varridos, etc.
Indumentaria
No Kenpo a indumentaria é: Un Hakama, ou un Kimono completo de cor negra. Os kimonos levan o escudo da escola no peito ó lado esquerdo, que é o símbolo do seu sistema Kenpo. Os grados mídense polo cinto; branco, amarelo, laranxa, púrpura, azul, verde, marrón (I, II, III) e negro, con dez dans.
Grados do programa representados por colores.
O Xuramento
Elaborado por ED PARQUER co fin de abranguer a capacidade dos artistas marciais do seu estilo:
Veño cara a ti coas miñas mans valeiras. Non teño armas, pero, si estou obrigado a defenderme, a defender os meus principios ou o meu honor, sexa cuestión de vida ou morte, de dereito ou de inxustiza, entón aquí están as miñas armas: as miñas mans baleiras.
O Kenpo en España- LIÑA FU SHIH KENPO
O Kenpo trouxo a España No 1976 o Mestre Raúl Gutiérrez (9ºDAN) ata entón totalmente descoñecido. Sentou as súas bases en Madrid e douno a coñecer por case toda Europa e algúns países iberoamericanos. O seu estilo chámase Fu-Shih Kenpo. Así, o Mestre Raúl Gutiérrez converteuse no pioneiro en Europa do Kenpo. Anos máis tarde tivo o honor de ser presentado á familia Mitose, os cales o recoñeceron oficialmente como Mestre de Kenpo. O seu símbolo é un Tigre fero e agresivo, con afán dominante ben polo seu carácter, ben porque o seu porte maxestuoso lévao inherente. Pois o Tigre foi ata o día de hoxe a figura da forza e do poder, un liderado e determinación.
Polos anos oitenta, JESÚS RODRÍGUEZ CAROU, CN.3ºDN de KUNG FÚ, comezou o seu adestramento no KENPO da man do MESTRE RAÚL GUTIÉRREZ, acadando así o nivel de CN.3ºDN, e adicándose plenamente a continuar as ensinanzas no concello de RIANXO, nas instalacións que rexenta na actualidade.
Anos despois, a un alumno deste, ELOI RODRÍGUEZ CASTAÑO, xa CN.1ºDN de KUNG FÚ, e tras acadar o nivel de CN 1º DN de FU SHIH KENPO, propúxolle no ano 2006, continuar coas ensinanzas do KENPO no seu ximnasio, ó que accedeu ata o 2011, ano en que JESÚS RODRÍGUEZ volveu remontar coas clases ata a actualidade.
Neste espacio de tempo, fundouse KENPORIANXO, un clube deportivo co fin de continuar a práctica do KENPO,da man de INDALECIO FREIRÍA e desde o que se realizaron numerosos cursos e intervencións a favor do coñecemento deste arte marcial.
CLUBE COMPOSTELAKENPO
Posteriormente, e tralo interés de Eloi Rodríguez Castaño en continuar as ensinanzas do Kenpo, inscribe e da nome ó clube COMPOSTELAKENPO na data de 17 de abril do ano 2012 co fin de proseguir a expansión deste arte marcial, esta vez en terras compostelanas.
Na actualidade desde o clube COMPOSTELAKENPO estanse a impartir clases no XIMNASIO WELLNESS de CACHEIRAS-TEO, no CHAMPIONS SPORT de PADRÓN e desenvolvendo cursos de iniciación do propio KENPO noutros concellos.
FUNDAMENTOS DO FU SHIH KENPO
O programa do FU SHIH KENPO está enfocado en 3 direccións, pero conserva a tradición, filosofía, historia, principios e fundamentos KENPO, establecendo así unha combinación de antigas técnicas de pelea e principios científicos modernos, un fluxo de movimentos sin fin, unha foza que puede aplastar a cualqueira atacante. Cada movimento xenera unha reacción específica no oponente, e cada reacción guíate ó próximo movimento. Cada golpe e un bloqueo e cada bloqueo é un golpe. Cada movimiento flúe cara o seguinte, esta secuencia lóxica de fluxo e acción é a esencia do kenpo e sempre baixo os principios de velocidade, fluidez e economía de movimentos.
Cotinuará………………………………..
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario